Neste novo curso,
cheo de incertezas, o noso colexio de Mende,
da man da xefa de estudios de primaria, Esther, poñe en marcha un
proxecto que dará un pouco de ánimo a esta situación.
Co lema: O ALUMNADO DE MENDE ANDA NA PROCURA DUNHA PATRULLA DE SÚPER HEROES E HEROÍNAS comeza este novo curso e dende a biblioteca colaboraremos na búsqueda de heroes e heroínas nos nosos fondos impresos e dixitais.
O pasado luns 19 de outubro iniciamos a búsqueda. Aquí podedes ver unhas imaxes do equipo de biblioteca de primaria traballando na selección dos fondos.
Tamén deixámosvos as imaxes dos súper heroes e heroínas coas que os diferentes cursos de Infantil e Primaria fixeron marcapáxinas.
MARCAPÁXINAS que fixeron os diferentes cursos de Infantil e Primaria co seu súper heroe e súper heroína e que convertiron na mascota do seus cursos durante este ano escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario