Este martes as estreliñas volveron á Biblioteca para facer uso do servizo de préstamo e ler un ratiño.
Ademais, por fin, entregáronnos, unha versión feita por elas do conto "Max e os superheroes" que realizaron na aula como introdución para traballar no proxecto deste curso "O alumnado de Mende anda na procura dunha patrulla de Súper Heroes".
O libro quedou na sección da Biblioteca "As nosas creacións". foi unha maneira diferente de celebrar o día das Bibliotecas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario