O día 29 de xaneiro celebramos como todos os anos no colexio, aínda que dunha manera diferente, o día da PAZ. O alumnado decidiu que o noso heroe para homenaxear este ano fora Xesús Jares, profesor galego defensor da educación para a paz e a convivencia.
Foron moitas as actividades relacionadas co tema que se realizaron ao longo da semana. Deixámosvos algunhas imaxes e as emisións realizadas por RADIO MENDE.
Foi un bonito día para recordar e aínda máis agora tindo en conta a situación tan complicada pola que estamos atravesando.
PROGRAMA DAS ACTIVIDADES
![]() |
Mural feito pola nosa compañeira Susana , titora de 1º de primaria. |
![]() |
O alumnado de Plástica da ESO aportaron o seu gran de area cun pequeno mural con caricaturas de Jesús Jares. |
O alumnado e profesorado de Infantil e Primaria fixeron unha carreira pola Paz Por niveis e como meta un mural co lema de Ghandi: "Non hai camiño para a Paz, a Paz é o camiño", cada un tiña que pegar o seu corazón, cando chegaran xunto ó mural.
Estas son as imaxes da actividade.
![]() |
RESULTADO FINAL |
EMISIÓNS DE RADIO MENDE
No hay comentarios:
Publicar un comentario