O pasado martes, 26 de outubro, pola tarde-noite, tivemos unha visita moi especial: A SANTA COMPAÑA!
Un grupo de ánimas de mestres e mestras do centro, percorreron o horto e a zona do muíño, atrapando ó conserxe Manolo, que marchou con eles. A visita rematou cunha cea-baile e, polo que se pode ver nas imaxes, desfrutaron das nosas instalacións.
Agradecemos a axuda desinteresada de tres alumnos de 4º de ESO: Noa (reportaxe do vídeo), Iago (violinista) e Breixo que fixo a montaxe e que nos agasallou con este arrepiante vídeo.
DESFRUTÁDEO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario