O home tan fraquiño que senta ao cabo da mesa le Un ollo de vidro, memorias dun esquelete de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.
"Eu nacín, medrei e fíxenme home, e un bo día enfermóuseme un ollo. Fun aos médicos e lambéronme unha manchada de cartos e no remate de contas o ollo sandar sandou, pero quedoume grolo. Por aquel tempo tiña un galo tan amante que viña comer na miña man. Chamáballe Tenorio.
Un
día estando eu agachado cos graos de millo na cunca das mans, veuse cara min,
paseniñamente, tripando a terra con aquel de señorón fidalgo. Plántase diante
de min, ergue o pescozo para fitar de perto10, quizais burlonamente, aquel meu
malfadado ollo grolo e, cavilando que sería cousa de manxar, axeitoume un
peteirazo tan ben dirixido que me deixou torto. Agora si, os médicos, despois de lamberme outra manchada de cartos, puxéronme un ollo de vidro, tan ben
imitado que bulía e todo.
A
cantas mulleres engaiolei chiscándolles o ollo de vidro…!
Morrín entre cobertores como morren
acotío os bos homes, e ben afeitado e
ben peiteado e co meu traxe dos días de festa —que por certo levoumo o
enterrador ao día seguinte de enterrarme— fun
para debaixo dos terróns sen que ninguén se lembrase de quitarme o ollo de
vidro.
Deitado
na miña caixa de pino repousei moitísimos días, tantos que perdín a conta.
Apodrecín axiña e aos poucos días de enterrado comenzaron os vermes a facerme
cóchegas.
Cómpre
dicir que aquí non está permitido presentarse en sociedade con farrapos de
carne fedenta apegados nos ósos, pois os esqueletos, que non ven nin comen,
olen tan ben coma os vivos; así foi que namentres os vermes non manxaron a
pouca freba que trouxen, non puiden erguerme.
Foi
unha noite de luar cando saín da cova por primeira vez. Traballiño me custou
desentoller as pernas e cando me erguín e botei a miña cachola fóra da terra,
fiquei pasmado... Aquel ollo de vidro
que de nada me servira na vida sérveme agora para mirar.
Tolo
de contento quitei o ollo, deille catro bicos e volvino a pór no seu sitio.
Dun
pulo brinquei da cova e fun cara ao rueiro dos esqueletos."
A señora que vemos de costas le A meiga chuchona de Jacobo Paz Limia.
"Teño medo na casa da avoa, algúen fai ruídos arrepiantes pola noite...
Quen será?
Que busca?"
No hay comentarios:
Publicar un comentario