1/2/26

TALLER DE EMOCIÓNS CON PEDRO FEIJOO

 O escritor Pedro Feijoo estivo no noso centro realizando un taller de expresión de emocións a través da escritura, da música, das imaxes... Foron tres xornadas con alumnado de 4º da ESO, nas que o autor conectou desde o primeiro intre co alumnado, que participou activamente nas diferentes actividades propostas. 

Empezou falándolles dos seus inicios na música e a expresión dos sentimentos a través da arte, insistindo moito en que a arte é verdade, e vale todo sempre que sexa verdade. Na segunda xornada, fixo o mesmo pero con cancións moi populares de diferentes autores: C. Tangana, Shakira ou Loquillo. Por último, na terceira sesión, tocoulle expresarse ao alumnado: escribiron sobre os seus sentimentos, falaron co autor e saíron cousas moi interesantes, que o escritor prometeu manter en segredo.

Un momento en que o autor e un alumno escenificaban un episodio de Bodas de sangre:

Pedro Feijoo conversando co alumndo mentres escribían sobre as súas propias emocións:

Ao final, accedeu a vir á nosa biblioteca a asinarnos os seus libros:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us