O mércores 28 celebrouse en Santiago unha xornada de Biblioteca Creativa, á que asistiu a nosa compañeira Patricia.
O programa era o seguinte:
Nestas xornadas de Deseño e aprendizaxe compartíronse experiencias de diferentes centros para crear espazos novos na bilioteca (tecido, robótica, impresoras 3D...), a creación de equipos de axudantes voluntarias da biblio, a participación en obradoiros relacionados coa transformación dos libros de artista e a creación en equipos de historias baseadas no teatro de sombras para implementar co noso alumnado.
Fotos de algunhas demostracións que nos fixeron durante as xornadas:
Foi unha xornada que nos aportou novas ideas, algunhas das cales imos pór en práctica xa este curso, como o teatriño de sombras.






No hay comentarios:
Publicar un comentario