30/3/26

DÍA DA NARRACIÓN ORAL

O xoves 26 de marzo celebramos no CPI José García García de Mende o Día da Narración Oral. É unha actividade destinada a todo o alumnado do Centro, polo que tivemos que agardar a que xa rematasen os exames da ESO, para que todos puidésemos gozar da xornada sen presións.

É esta a segunda edición xa e, igual que o ano pasado, houbo moita participación e moi variada. Repartimos o alumnado en catro espazos, posto que ao non contar con salón de actos, non nos caben todos en ningún lugar interior, e fixemos un itinerario co seguinte programa:

Como vemos, a maioría das actuacións foron do noso propio alumnado, que preparou historias en varios formatos para contar ou representar diante dos seus compañeiros. 

Todos tiveron moito mérito, non só polo ben que saíu a actividade, senón tamén pola aprendizaxe en lingua oral e o valor que supón narrar diante dun público de idades tan diversas (desde os tres anos aos quince) vencendo a vergoña e o medo escénico.

O público de Infantil e primaria agardando o primeiro conto:
Os nenos e nenas de Infantil coa profe Silvia interpretando "As vodas da pulga e o piollo":
Lucas Ojea e a súa nai contando "A pedra de facer sopa":
Manuel Fontemoura fixo unha actuación desinteresada de contos da súa propia creación:
Camilo, Xurxo e Rubén interpretan "Xan de Branco":
Clara, María, Irati, Luca, Alexis e Raúl recrean "A orquestra improvisada":
Eva, Xeila e Andrea lévannos ao mundo máxico das lendas de mouras con "Sabeliña de Resco":
Nerea, Sareth, Alba e Candela contan "As perdices do convite" e afían coitelos, será para cortar orellas?:
O alumnado de primeiro da ESO xunto coa súa profe Patricia sorprendeunos cun teatriño de sombras no que representaron dúas obras da súa creación: "Confía en min" e "Salvemos o oso"
Esteban, Farruco e Brian contan "O dragón de tres cabezas de Cardona":
E remata a sesión con Cibrán, Iago, Antón e Rodrigo contando "Arrocho fóra do saco":

Este úlimo é un conto inédito que lle contou a avoa a Antón para que el e os seus compañeiros o compartisen con todos nós. Grazas desde aquí pola súa colaboración.

E así remata a nosa homenaxe a literatura de tradición oral.

MOITAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE PARTICIPARON E AXUDARON!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us