7/3/26

FALADOIROS LITERARIOS DO LICEO

O mércores 5 de marzo acudimos ao faladoiro de galego, que se celebra todos os anos no Liceo, organizado polo Concello e Deputación de Ourense.

Este ano o libro elixido foi Runrum, de Ana Varela.

Na biblioteca do centro tivemos unha xuntanza previa, o martes 3, para preparar o faladoiro, así o noso alumnado sentirase máis seguro e animarase a participar máis.

Foi un libro fácil de ler, pero que non gustou demasiado. Aínda así o debate foi interesante e falamos de moitos temas como: as enfermidades mentais, os prezuízos, as relacións tóxicas, o suicidio...

Ao final da tarde tivemos un encontra coa autora, mágoa que a maioría do alumnado non puido quedarse, porque tiñan outras actividades extraescolares.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us