Os pasados 24 e 25 de marzo, tiveron lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros do plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia 2021-22.
Como todos os anos, estos Encontros continúan sindo unhas xornadas moi enriquecedoras nas que os/as coordinadoras das bibliotecas podemos compartir as nosas experiencias e aprender do que nos contan persoas expertas en diferentes ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a alfabetización mediática... Ademáis, presentáronse experiencias de diferentes centros de contenido moi diverso: radio na biblio, biblioteca inclusiva, voluntariado, traballo por proxectos e tivemos a oportunidade de coñecer mellor a plataforma E-LBE.2 de préstamo dixital para as bibliotecas escolares de Galicia integradas no PLAMBE.
MELLORANDO SEMPRE!
No hay comentarios:
Publicar un comentario