25/3/22

NOVA EMISIÓN DE RADIO MENDE. DÍA DA POESÍA

Hoxe, 21 de marzo, é unha data moi especial porque co cambio de estación, comeza a Primavera e con ela celébrase o día dos Bosques, a Sindrome de Down, a eliminación da Discriminación Racial e a Poesía, entre os máis relevantes.

Esta emisión especial de Radio Mende está dedicada á Poesía. Un grupo do alumnado da ESO fixo unha investigación sobre a súa orixe e hoxe cóntannola e así coñeceremos a importancia deste xénero literario a través do cal, numerosos escritores e escritoras expresaron e expresan  os seus sentimentos e as súas emocións ante a contemplación do mundo que lles rodea: amor, soidade, medo, nostalxia, alegría...

 Hoxe tamén, os nosos alumnos e alumnas quixeron ser poetas e escribiron  pequenos poemas que sairon voando polas fiestras cara o patio para intercambialos con outros compañeiros.

Podedes ver o vídeo AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us