5/11/24

Representación de "A cea de ánimas" e "O home do sombreiro"

O alumnado de PDC representou para diferentes cursos de Primaria e Secundaria a "Cea de ánimas" e "O home do sombreiro".

A "Cea de ánimas" partía dunha introdución que nos falaba da tradición e nos poñía en situación:

"Galicia conta cunha tradición de Defuntos moi potente.

Se algo lles gustaba aos nosos antepasados era lembrar os seus mortos, e todo o que tiña que ver cos defuntos.

As ánimas e a morte estaban moi presentes no día a día, máis aínda durante o ciclo de inverno, cando os días son curtos e a escuridade se fai dona de todo.

A día de hoxe, hai moitos ritos que, por desgraza, caeron no esquecemento, ou que xa non se practican aínda que os máis maiores os lembren ben.

Na época de Defuntos, "cando se supón que se abren as portas do alén, que así se lle chama ao máis alá, os nosos finados veñen facernos compaña".

Existía, e aínda existe nalgúns lugares, o costume de deixar a lareira acesa para que se quentasen as ánimas dos defuntos da casa.

Tamén lles deixaban a comida enriba da mesa para que comesen, por iso non se recolle antes de marchar para a cama.

A noite de Defuntos en Galicia era "unha forma de entrar en comuñón cos mortos, na que os teus defuntos che viñan a facer compaña".

Tanto é así que nalgunhas zonas mesmo había unha cadeira máis e un prato con cubertos na mesa para esa persoa que faltaba.

Xunto a esta tradición está a de non varrer a casa polas noites, porque "é o momento no que están as ánimas presentes”.

A mesa que vedes posta está por se veñen as ánimas dos que algún día habitaron nas casas que había antes onde hoxe está o colexio. Escoitade...parece que alguén chama á porta."

Momentos durante a representación




Os atentos e sorprendidos espectadores


"O home do sombreiro" é unha adapatación teatral feita polo seu profesor, Xulio Pérez Pereiras, dun relato de Paula Carballeira, publicado no seu libro Trece avisos.

Durante a representación




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us