5/11/24

Versión teatral de As bruxas, de Roald Dahl

Nesta semana de celebración do Samaín, os alumnos de Oratoria de 4º da ESO acodiron ás aulas de 3º, 4º, 5º e 6º de EP para representar unha breve pero divertida peza teatral, baseada nun capítulo da novela AS BRUXAS, de Roald Dahl. 
Os alumnos de primaria puideron comprobar como as nosas bruxas estaban a tramar un plan para exterminar a todos os nenos do mundo, incluídos os do CPI de Mende. 

3º de Primaria

4º de Primaria

5º de Primaria

6º de Primaria

Estas bruxas mesmo se atreveron a ir á sala de profesores, dispostas a aniquilar tamén ao profesorado do noso centro. 
Conseguirán facelo???



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us