30/4/26

FALADOIROS LITERARIOS DO CONCELLO DE OURENSE

O martes 28 de abril celebrouse o faladoiro de castelán organizado polo Concello e a Deputación, como todos os anos, foi no Liceo.

 

Esta vez o libro elixido foi Mil cosas de Juan Tallón.

Ás  16.30 comezamos o faladoiro no que coincidimos con outros centros como IES de Maceda, IES Julio Prieto Nespereira, IES O Couto, IES as Lagoas, IES Universidade Laboral e IES Ferro Couselo. O libro propiciou o debate. Comentaron que o vían un libro máis para os seus pais e os seus profesores, pola temática e os problemas que tiñan os protagonistas, que estaban máis acordes con esa franxa de idade. Falouse dos problemas laborais e os traballos alienantes, a sociedade na que vivimos inmersos, que parece que nunca podemos pararnos e estar simplemente sen facer nada, o acoso laboral, o traballo mal remunerado e pouco recoñecido...

Tamén falamos das técnicas narrativas, as oracións curtas, os capítulos tamén curtos e en contrapunto paralelístico dos dous protagonistas, a falta de títulos ou mesmo númeración de capítulos... todo o que conducía a que como lectores foramos pasando páxinas tamén cun ritmo frenético e experimentando as mesmas sensacións ca os protagonistas.

Por último, o que máis debate suscitou foi o impactante final. A algúns parecíalle predecible, pero á maioría conseguiu levarnos por onde quixo e facernos pensar en mil cousas e mil posibilidades, e igual que lles sucedeu aos protagonistas, acabamos esquecéndonos do importante.

Ese mesmo día ás 18:00 tivemos un encontro co autor, Juan Tallón. Foi moi breve na súa exposición e a continuación pasamos ás preguntas. Aproveitamos para preguntarlle polo final, ao que el contestou que partira de aí a raíz dunha reflexión que suscitara nel unha noticia xornalística.

Logo falounos de todo un pouco, da técnica narrativa para dar un ritmo vertixinosos, das personaxes, dunha anécdota persoal sobre unha reportaxe que lle pagaron miserablemente e que deu lugar a un personaxe secundario... e da moitas cousas máis.

Ao final asinounos o libro e vimos que é unha persoa moi afable, que lle presta atención e lle dicica tempo aso seus lectores, facéndolles preguntas a cada un segundo nos iamos achegando.

O autor gustounos aínda moito máis có libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us