4/6/26

CONCURSO POLO DÍA DO LIBRO: BÚSCASE

No mes de abril iniciamos un concurso que durará ata maio. Cada día imos poñendo textos na entrada do centro, hai que buscarlles autor e obra. Haberá recompensa!

BASES DO CONCURSO

1.  Poderá participar no concurso todo o alumnado do Centro que así o desexar.

2.  Recollerá o impreso de participación no mostrador da biblioteca ou pedirallo ao profesor/a de Lingua Castelá ou Lingua Galega.

3.  Trátase de averiguar a que autor/-a e obra pertence cada texto. (Non vale o título do relato ou poesía, ten que ser o título do LIBRO: poemario ou colección de relatos)

4.  Cada participante presentará un único impreso cos resultados.

5.  Entregaranse os resultados na biblioteca á hora do recreo ou ao profesorado de Lingua Galega e Lingua Castelá.

6.  Outorgarase o premio a aquel/-a que logre identificar correctamente os sesenta textos ou, se ninguén acada a totalicade, quen se aproxime máis.

7.  En caso de empatar varios no número un, haberá outros dez textos de desempate entre estes/-as participantes.

8.  Establécense os seguintes premios:

1º Dúas entradas para o teatro.

2º Dúas entradas para o cinema.

3º Un libro

9. En caso de acertar menos de trinta, o premio declararase deserto.

10.A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

Un exemplo de como quedaron os textos na entrada do Centro:

E por fin os resultados:

GAÑADORES:

1º PREMIO: 51 PUNTOS

Lucas Díaz Viñas

2º PREMIO: 46 PUNTOS

Uxía Fernández Vázquez

3º PREMIO: 44 PUNTOS

Yago Campos Miguel

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us